1. INICIO
  2. Libros
  3. CRIPTOGRAFÍAS
CRIPTOGRAFÍAS

CRIPTOGRAFÍAS

Xose María Álvarez Cáccamo
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Criptografías é un exercicio de escrita secreta no que os poetas Pepe Cáccamo (Vigo, 1950) e Baldo Ramos (Celanova, 1971) superpoñen as súas voces nun experimento que xorde da amizade e da complicidade estética. En 2014 os seus mundos literarios comezaron a orbitar arredor dos límites da poesía

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
ALVARELLOS EDITORA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4185-6733-9
EAN
9788418567339
Formato
RUSTICA
Avatar

Xose María Álvarez Cáccamo

Ver autor

Xosé María Álvarez Cáccamo, tamén coñecido como Pepe Cáccamo, nado en Vigo o 6 de xullo de 1950, é un escritor galego, crítico literario e profesor de lingua e literatura.

Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1973 foi profesor de ensino secundario. Reside en Santa Cristina de Cobres, Vilaboa.

Ademais de poesía, ten publicados relatos breves, teatro e literatura infantil. A súa obra traduciuse ao catalán, castelán, éuscaro e italiano. Obtivo os premios Esquío, González Garcés e Arume e os Premios da Crítica de Galiza e de España.

Fixo parte do consello editorial das coleccións de Poesía "Mogor" (1976-1980) e "Pero Meogo" (1980) e dos consellos de redacción dos suplementos "Galicia Literaria" de Diario 16 de Galicia (1990-1992) e "Faro das Letras" de Faro de Vigo (1993-1996). Entre 1984 e 2002 formou parte do equipo directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que foi presidente interino tras a dimisión de Carlos Mella (2001) e a elección de Bernardino Graña (2002), e foi coordenador das súas revistas "Nó" e "Contemporánea". Foi membro fundador do "Foro da Cultura" e de "Esculca Observatorio para a defensa dos direitos e as liberdades". Formou parte entre 2003 e 2010 do consello de redacción da revista Grial. Formou parte do colectivo Burla Negra.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Xose María Álvarez Cáccamo

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego