Os British teñen as súas particularidades: corren a adorar o sol en canto sae a primeira raiola, coma se fose un atavismo de Stonehenge; tamén recean da filosofía, a beleza ou a diversidade lingüística por opoñerse á súa visión pragmática da vida. Tras dezaoito anos emigrada no Reino Unido, Eva
Eva Moreda Rodríguez, nada na Veiga (Asturias) en 1981, é unha escritora en lingua galega.
Aos tres anos pasou a residir coa súa familia en Ribadeo, onde gañou en catro ocasións o premio Diadema de Ribadeo na súa vertente literaria. Posteriormente trasladouse a Alemaña, Italia e Inglaterra, onde reside na actualidade. É licenciada en Filoloxía Clásica e Musicoloxía, con estudos de posgrao en Xornalismo. Como musicóloga, ten publicados varios traballos en revistas e compilacións internacionais, fundamentalmente en torno á historia política da música durante o primeiro franquismo.
A súa actividade docente e investigadora neste eido desenvolveuse ata o momento no Reino Unido, en institucións como o Royal Holloway College - University of London, Royal Academy of Music e a Open University, onde actualmente é profesora de Musicoloxía na Universidade de Glasgow. Traballou nos eidos da comunicación, a tradución e a docencia. Comezou a publicar aos 16 anos.
e descubre todas as novidades do libro en galego