O raposo na fronde pode parecer, desde fóra, unha saga familiar coma outras que empeza nas renuncias da Guerra Civil e remata no desarraigo das novas diásporas. Pero é, sobre todo, un terreo no que a autora xoga cos xeitos de contar a historia, a propia e a de todos. Porque este libro demostra que
Eva Moreda Rodríguez, nada na Veiga (Asturias) en 1981, é unha escritora en lingua galega.
Aos tres anos pasou a residir coa súa familia en Ribadeo, onde gañou en catro ocasións o premio Diadema de Ribadeo na súa vertente literaria. Posteriormente trasladouse a Alemaña, Italia e Inglaterra, onde reside na actualidade. É licenciada en Filoloxía Clásica e Musicoloxía, con estudos de posgrao en Xornalismo. Como musicóloga, ten publicados varios traballos en revistas e compilacións internacionais, fundamentalmente en torno á historia política da música durante o primeiro franquismo.
A súa actividade docente e investigadora neste eido desenvolveuse ata o momento no Reino Unido, en institucións como o Royal Holloway College - University of London, Royal Academy of Music e a Open University, onde actualmente é profesora de Musicoloxía na Universidade de Glasgow. Traballou nos eidos da comunicación, a tradución e a docencia. Comezou a publicar aos 16 anos.
e descubre todas as novidades do libro en galego