Xibraltaria é unha fantasía con toques realistas que narra unha historia de aventuras e de espías, parecida a ningunha outra. O xefe de pista do Vanaclocha relata as súas lembranzas sobre este circo desastrado, tapadeira dunha organización clandestina que vela polos intereses da Galiza nos últimos
Xoán Ignacio Taibo Arias, tamén coñecido como Nacho Taibo, nado en Madrid o 31 de marzo de 1949, é un escritor e sociólogo galego.
Nado na emigración madrileña de pais galegos, tomou contacto coa cultura galega en Madrid e en 1976 estableceuse en Galicia. Estudou socioloxía en Madrid e tivo varios traballos ata comezar en 1982 a exercer de profesor de secundaria na materia de Lingua Galega e Literatura ata a xubilación. Ten colaborado en diversas publicacións periódicas de Galicia: Teima, A Nosa Terra, Nós Diario...
En 1975 publicou a súa primeira obra literaria, Os inmortais, unha recolleita de tres relatos.
e descubre todas as novidades do libro en galego