Xoán Ignacio Taibo Arias, tamén coñecido como Nacho Taibo, nado en Madrid o 31 de marzo de 1949, é un escritor e sociólogo galego.
Nado na emigración madrileña de pais galegos, tomou contacto coa cultura galega en Madrid e en 1976 estableceuse en Galicia. Estudou socioloxía en Madrid e tivo varios traballos ata comezar en 1982 a exercer de profesor de secundaria na materia de Lingua Galega e Literatura ata a xubilación. Ten colaborado en diversas publicacións periódicas de Galicia: Teima, A Nosa Terra, Nós Diario...
En 1975 publicou a súa primeira obra literaria, Os inmortais, unha recolleita de tres relatos.
e descubre todas as novidades do libro en galego