Bruno quere ser o mellor can do mundo. Vaise portar moi ben. Cando Iago sae facer un recado, Bruno ve unha deliciosa torta na mesa da cociña e... non o pode evitar! Despois ve... un gato! E a Bruno encántalle perseguir gatos... O divertidísimo libro do prestixioso autor e ilustrador Chris Haughton.
Chris Haughton é un escritor e ilustrador irlandés. Traballou de forma independente desde moi novo. Colabora con organizacións de comercio xusto en varios proxectos sen ánimo de lucro.
En 2007, foi nomeado un dos 100 deseñadores máis influentes pola revista Time polo seu traballo coa marca de roupa de comercio xusto People Tree. Publicou a primeira edición de A Bit Lost in Korea en 2010. Desde entón, foi traducido a 20 idiomas e gañou premios en 7 países.
e descubre todas as novidades do libro en galego