Catro personaxes camiñan polo bosque cun apañabolboretas na man. Cando ven un paxariño, comezan a moverse amodiño e sen faceren ruído. Shhhh! Temos un plan!
Chris Haughton é un escritor e ilustrador irlandés. Traballou de forma independente desde moi novo. Colabora con organizacións de comercio xusto en varios proxectos sen ánimo de lucro.
En 2007, foi nomeado un dos 100 deseñadores máis influentes pola revista Time polo seu traballo coa marca de roupa de comercio xusto People Tree. Publicou a primeira edición de A Bit Lost in Korea en 2010. Desde entón, foi traducido a 20 idiomas e gañou premios en 7 países.
e descubre todas as novidades do libro en galego