¿Imaxinades por un intre que a escultura do Mestre Mateo e máis un par de figuras do Pórtico da Gloria cobrasen vida e se pusexen a facer o Camiño de Santiago?.
Xosé Carballude Blanco, nado en Rubín (A Estrada) o 15 de agosto de 1956, é un escritor galego de literatura infantil e xuvenil.
Licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago. Actualmente xubilado, foi profesor de latín no IES Xosé Neira Vilas de Perillo (Oleiros), tras pasar por Badaxoz, Vilagarcía de Arousa e Carballo.
Comezou a súa carreira como escritor presentándose ao II Concurso do Barco de Vapor, no que quedou finalista.
e descubre todas as novidades do libro en galego