Olalla é unha nena espelida e riquiña. Pero non é unha santa. Cando naceu a súa pequena irmá Andrea, apareceron uns seres estraños na casa. Son os Mimos, están todo o día enleando a Olalla, que é a única que sabe deles, pois son invisibles para os demais. Claro que desde que naceu a irmá parece que
Xosé Carballude Blanco, nado en Rubín (A Estrada) o 15 de agosto de 1956, é un escritor galego de literatura infantil e xuvenil.
Licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago. Actualmente xubilado, foi profesor de latín no IES Xosé Neira Vilas de Perillo (Oleiros), tras pasar por Badaxoz, Vilagarcía de Arousa e Carballo.
Comezou a súa carreira como escritor presentándose ao II Concurso do Barco de Vapor, no que quedou finalista.
e descubre todas as novidades do libro en galego