Andrea ten un gran soño: quere ser maior. Os números, as letras e todo o que con eles se pode representar van ser os seus compañeiros de viaxe.¿Poderá converter o seu desexo en realidade?
Xosé Carballude Blanco, nado en Rubín (A Estrada) o 15 de agosto de 1956, é un escritor galego de literatura infantil e xuvenil.
Licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago. Actualmente xubilado, foi profesor de latín no IES Xosé Neira Vilas de Perillo (Oleiros), tras pasar por Badaxoz, Vilagarcía de Arousa e Carballo.
Comezou a súa carreira como escritor presentándose ao II Concurso do Barco de Vapor, no que quedou finalista.
e descubre todas as novidades do libro en galego