O señor Dos Santos vive tranquilo e sen sobresaltos. A convivencia coa súa muller e unha boa posición económica permítenlle levar unha vida cómoda e despreocupada. Unha das súas afeccións é viaxar e agora, xa xubilado, emprega boa parte do seu tempo en percorrer mundo para visitar países exóticos.
Xosé Carballude Blanco, nado en Rubín (A Estrada) o 15 de agosto de 1956, é un escritor galego de literatura infantil e xuvenil.
Licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago. Actualmente xubilado, foi profesor de latín no IES Xosé Neira Vilas de Perillo (Oleiros), tras pasar por Badaxoz, Vilagarcía de Arousa e Carballo.
Comezou a súa carreira como escritor presentándose ao II Concurso do Barco de Vapor, no que quedou finalista.
e descubre todas as novidades do libro en galego