Uxía, Brais e Ulises reciben unha videoconsola como agasallo sorpresa dun cliente agradecido. A aventura comezará cando, ao premer un dos botóns, os tres amigos aparezan dentro dun videoxogo que os conducirá por diferentes lugares da comarca de Vigo en cada unha das pantallas.Para regresar á súa
María Reimóndez Meilán, nada en Lugo en 1975, é unha escritora galega, doutora en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo. Cultiva tanto a narrativa e a poesía coma o ensaio e o teatro.
Conta cunha ampla lista de títulos, dende a poesía ao ensaio, pasando pola narrativa. Como poeta destaca "Galicia en bus" (2018), co que gañou o Premio de Poesía Johán Carballeira, e en ensaio, a obra "Feminismos" (2013) e, en coautoría con Olga Castro, "A casa do amo" (Xerais, 2024).
Como narradora para o público mozo destacan "Usha" (2006); "Corredora" (2017); "Fóra do normal" (2018), Premio Agustín Fernández Paz; "A formiga destemida" (2020), "Bárbaras!" (2021) e "Furia", Premio Jules Verne 2023.
Para persoas adultas, "O club da calceta" (2006), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2007, traducida ao castelán, italiano e francés e adaptada á escena e ao cine ou as novelas do Ciclo dos Elementos: "En vías de extinción" (2012); "Dende o conflito" (2014), Premio Xerais de Novela; "A música dos seres vivos" (2015); "As cousas que non queremos oír" (2017) e "As estacións do lobo" (2019). Na colección Milmanda publicou "Cobiza" (2021), I Premio Literario Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero e "Multitudes" (2023). Fotografía da autora: Pablo Vázquez.
e descubre todas as novidades do libro en galego