1. INICIO
  2. > Libros
  3. > A FORMIGA DESTEMIDA
A FORMIGA DESTEMIDA

A FORMIGA DESTEMIDA

María Reimóndez
0 veces listado

Unha formiga curiosa e valente decide afastarse do seu formigueiro para vivir novas experiencias. Polo camiño vaise atopar con animais que nunca vira e aprenderá a facer cousas que xamais imaxinara: tocar música, flotar na auga, voar... Tamén saberá da existencia dos humanos: serán tan malvados como…

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Edicións Xerais
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1635-3
EAN
9788491216353
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

María Reimóndez

Ver autor

María Reimóndez Meilán, nada en Lugo en 1975, é unha escritora galega, doutora en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo. Cultiva tanto a narrativa e a poesía coma o ensaio e o teatro.

 Conta cunha ampla lista de títulos, dende a poesía ao ensaio, pasando pola narrativa. Como poeta destaca "Galicia en bus" (2018), co que gañou o Premio de Poesía Johán Carballeira, e en ensaio, a obra "Feminismos" (2013) e, en coautoría con Olga Castro, "A casa do amo" (Xerais, 2024). 

Como narradora para o público mozo destacan "Usha" (2006); "Corredora" (2017); "Fóra do normal" (2018), Premio Agustín Fernández Paz; "A formiga destemida" (2020), "Bárbaras!" (2021) e "Furia", Premio Jules Verne 2023. 

Para persoas adultas, "O club da calceta" (2006), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2007, traducida ao castelán, italiano e francés e adaptada á escena e ao cine ou as novelas do Ciclo dos Elementos: "En vías de extinción" (2012); "Dende o conflito" (2014), Premio Xerais de Novela; "A música dos seres vivos" (2015); "As cousas que non queremos oír" (2017) e "As estacións do lobo" (2019). Na colección Milmanda publicou "Cobiza" (2021), I Premio Literario Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero e "Multitudes" (2023). Fotografía da autora: Pablo Vázquez.

Valoracións das lectoras e lectores
4.0
1 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

100%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Ana Arias Castro
4

Hai uns anos María Reimóndez publicou na colección Merlín A formiga destemida, un precioso conto sobre unha formiga aventureira. A nosa formiga distráese e sepárase do grupo para atoparse soa e desorientada no bosque pero destemida como é ela decide percorrer mundo e aprender dos seres que vai atopando. Aprende a facer música dunha carricanta e despois atopa un cabaliño do demo, zapateiros, peixes, unha serpe, un rato, unha ovella e un raposo. Vanlle falando dos humanos, de como deterioran a natureza e ela sente interese por coñecer máis e achégase ata a súa casa onde atopa unha nena que non parece tan temible. Esta viaxe da formiga carece de propósito ata que xorde nela este interese polas persoas mais sempre quere aprender e non ten medo ao que poida atopar. Pareceume un libro moi interesante para iniciarse no coñecemento dos animais do campo ademais da repercusión do ser humano no medio ambiente. Por outra banda, a escolla da formiga aporta moito pois desde o seu tamaño o mundo vese diferente e os perigos non son os obvios para nós, algo que fará pensar a calquera nena ou neno lector. Unha lectura moi alegre e cunhas ilustracións moi acaídas de Iván Sende.

Outros libros de María Reimóndez

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego