Aiko naceu canda a cerdeira do pequeno horto da casa.A vida leva a seu pai a emigrar a un país máis próspero, co fin de proporcionarlle á súa familia unha vida máis doada.Antes de marchar, faille a Aiko unha promesa: cando chegue a primavera e bote flores a cerdeira, el regresará.
Ánxeles Rodríguez Ferrer, nada en Vilamartín de Valdeorras o 2 de setembro de 1957, é unha escritora e ilustradora galega de literatura infantil.
Estudou bacharelato no Barco de Valdeorras e continuou cos estudos de Ciencias da Educación.
Despois dunha extensa andaina como ilustradora e escritora de literatura infantil e xuvenil, abriu unha nova etapa creativa coa marca Caracola - Vestidos de conto, dentro da certificación de Artesanía de Galicia.
e descubre todas as novidades do libro en galego