Con cada novo ano, chega ata nós a roda dos señores meses, facendo as casas con cachos de lúa e con pingas de auga. Cando vén o frío as folerpas esvaran polos seus tellados de nubes de prata. O vir o verán traeo sol da man e os señores meses gardan os abrigos e xogan co mar. Xaneiro dorme na casa da
Ánxeles Rodríguez Ferrer, nada en Vilamartín de Valdeorras o 2 de setembro de 1957, é unha escritora e ilustradora galega de literatura infantil.
Estudou bacharelato no Barco de Valdeorras e continuou cos estudos de Ciencias da Educación.
Despois dunha extensa andaina como ilustradora e escritora de literatura infantil e xuvenil, abriu unha nova etapa creativa coa marca Caracola - Vestidos de conto, dentro da certificación de Artesanía de Galicia.
e descubre todas as novidades do libro en galego