Llum é o fogar de moitos animais e de moitas plantas. Nunha das súas abas acubilla unha pequena vila á que lle gusta agarimar e protexer. Pero un día esperta a cobiza dos seus habitantes e a montaña, ao ver o regueiro de destrución que os homes deixan ao seu redor, acaba por se converter en terra
Ánxeles Rodríguez Ferrer, nada en Vilamartín de Valdeorras o 2 de setembro de 1957, é unha escritora e ilustradora galega de literatura infantil.
Estudou bacharelato no Barco de Valdeorras e continuou cos estudos de Ciencias da Educación.
Despois dunha extensa andaina como ilustradora e escritora de literatura infantil e xuvenil, abriu unha nova etapa creativa coa marca Caracola - Vestidos de conto, dentro da certificación de Artesanía de Galicia.
e descubre todas as novidades do libro en galego