1. INICIO
  2. Libros
  3. DIARIO DE PICHÜK. QUEN É PICHÜK?
DIARIO DE PICHÜK. QUEN É PICHÜK?

DIARIO DE PICHÜK. QUEN É PICHÜK?

Manel Cráneo
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Pichük lembra en primeira persoa as súas orixes familiares e as súas aventuras xuvenís. Vainos contar como chegou a converterse nun dos científicos de máis sona do Planeta Mincha grazas á súa curiosidade por todo o que o rodea. Diario de Pichük, as vivencias dun científico soñador.

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EVEREST
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4403-1165-8
EAN
9788440311658
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Manel Cráneo

Ver autor
Manel Cráneo (A Coruña, 1973). Artista multidisciplinar de ampla bagaxe, comezou o seu periplo profesional a principios dos 90. Como autor de banda deseñada, centos de páxinas súas apareceron en publicacións como BD Banda, Barsowia, Dos Veces Breve, GPS, Ovo, Costra de Postre, Os Rústicos da Gadaña, Bravú, Subterfuge Comics, Interea Visual ou Boletín Galego de Literatura. Publicou a serie "Planeta Mincha - Estudos Xeográficos" nas revistas Caña e Viralatas e, anteriormente, "A Fraga Milmañas" en Golfiño. Tamén os álbums Dámsmitt (Dibbuks, 2006), Os lobos de Moeche (Demo Editorial, 2009), Cousas de Mortos (Demo Editorial, 2012), A torre dos Mouros (Demo Editorial, 2012) e colaborou en volumes colectivos como a bd promocional Fito y Fitipaldis (Dro Eastwest), Artículo 20 (Astiberri) ou H2OIL (Colectivo Chapapote). A súa bd cómic Ladróns de cadáveres foi adaptada a curtametraxe. Recentemente produciu un capítulo piloto para serie de animación baseado no seu universo persoal Planeta Mincha. Como ilustrador traballou para diferentes editoriais como Richmond Publishing, Usborne, Santillana, Galaxia, Xerais ou Everest, entre outras. A súa obra foi exposta en numerosas mostras por España, Portugal, Francia e Cuba. Entre os seus premios destaca o Nacional de Cómic sobre Vida y Obra de Federico García Lorca (Granada, 1998). Foi presidente da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) e vicepresidente de FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales), comisario de diversas mostras e exposicións e director e propietario de Demo Editorial e da empresa de xestión cultural CR4neo. Deu máis de 350 charlas e conferencias sobre diversos temas nos últimos 20 anos. Na súa faceta musical formou parte de bandas de punk-rock como Vampiraos, 13:31 ou Error! e actualmente dedícase á experimentación musical compoñendo música mincha. A súa vinculación co mundo audiovisual e o sector publicitario levounoo a colaborar en infinidade de proxectos e longametraxes realizando diferentes funcións, desde story-boarder ata guionista ou director de arte.
Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Manel Cráneo

Á comunidade gustoulles…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego