1. INICIO
  2. Libros
  3. DIARIO DE PICHÜK
DIARIO DE PICHÜK

DIARIO DE PICHÜK

Manel Cráneo
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Nesta nova aventura, percorreremos xunto a Pichük e Rib"t a rexión de Long"lia, na procura dunha das máis grandes e enigmáticas especies do Planeta Mincha. O valor, a paciencia e a perseveranza son as armas que utilizará o protagonista para intentar acadar o seu obxectivo, pero non será fácil.

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EVEREST
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4403-1254-9
EAN
9788440312549
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Manel Cráneo

Ver autor

Manel Cráneo (A Coruña, 1973). Artista multidisciplinar de ampla bagaxe, comezou o seu periplo profesional a principios dos 90. 

Como autor de banda deseñada, centos de páxinas súas apareceron en publicacións como BD Banda, Barsowia, Dos Veces Breve, GPS, Ovo, Costra de Postre, Os Rústicos da Gadaña, Bravú, Subterfuge Comics, Interea Visual ou Boletín Galego de Literatura. Publicou a serie "Planeta Mincha - Estudos Xeográficos" nas revistas Caña e Viralatas e, anteriormente, "A Fraga Milmañas" en Golfiño. Tamén os álbums Dámsmitt (Dibbuks, 2006), Os lobos de Moeche (Demo Editorial, 2009), Cousas de Mortos (Demo Editorial, 2012), A torre dos Mouros (Demo Editorial, 2012) e colaborou en volumes colectivos como a bd promocional Fito y Fitipaldis (Dro Eastwest), Artículo 20 (Astiberri) ou H2OIL (Colectivo Chapapote). 

A súa bd cómic Ladróns de cadáveres foi adaptada a curtametraxe. Recentemente produciu un capítulo piloto para serie de animación baseado no seu universo persoal Planeta Mincha. Como ilustrador traballou para diferentes editoriais como Richmond Publishing, Usborne, Santillana, Galaxia, Xerais ou Everest, entre outras. A súa obra foi exposta en numerosas mostras por España, Portugal, Francia e Cuba. Entre os seus premios destaca o Nacional de Cómic sobre Vida y Obra de Federico García Lorca (Granada, 1998). 

Foi presidente da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) e vicepresidente de FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales), comisario de diversas mostras e exposicións e director e propietario de Demo Editorial e da empresa de xestión cultural CR4neo. Deu máis de 350 charlas e conferencias sobre diversos temas nos últimos 20 anos. Na súa faceta musical formou parte de bandas de punk-rock como Vampiraos, 13:31 ou Error! e actualmente dedícase á experimentación musical compoñendo música mincha. A súa vinculación co mundo audiovisual e o sector publicitario levounoo a colaborar en infinidade de proxectos e longametraxes realizando diferentes funcións, desde story-boarder ata guionista ou director de arte.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Manel Cráneo

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego