Luís Davila Malvido, nado en Pontevedra en 1972 e criado en Bueu, é un deseñador gráfico, pintor, ilustrador e viñetista galego, coñecido polo seu traballo O Bichero para Faro de Vigo.
Estudou na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. Comezou a traballar en Faro de Vigo facendo infografías, portadas de suplementos, deseño de páxinas interiores e ilustracións, para pasar logo a facer unha viñeta diaria.
Ten autoeditado varios volumes nos que se compilan os seus mellores debuxos cómicos.
e descubre todas as novidades do libro en galego