Charles John Huffan Dickens, nado en Portsmouth, Inglaterra, o 7 de febreiro de 1812 e finado en Gadshill Place o 8 de xuño de 1870, foi un escritor e crítico social inglés, un dos máis coñecidos da literatura universal. Creou algúns dos personaxes de ficción máis coñecidos do mundo, e, é considerado por moitos como o mellor novelista e o principal da era vitoriana.
Foi mestre do xénero narrativo, ao que imprimiu certas doses de humor e ironía, practicando á vez unha aguda crítica social. Na súa obra destacan as descricións de xente e lugares, tanto reais como imaxinarios. Utilizou en ocasións o pseudónimo Boz.
e descubre todas as novidades do libro en galego