Publicada por entregas entre 1837 e 1839, Oliver Twist narra a historia dun orfo abandonado nun hospicio e empurrado logo á mala vida. O pulo dos personaxes, a vívida descrición de ambientes e o senso do humor son elementos que o escritor inglés combina con mestría para contar unha historia na que
Charles John Huffan Dickens, nado en Portsmouth, Inglaterra, o 7 de febreiro de 1812 e finado en Gadshill Place o 8 de xuño de 1870, foi un escritor e crítico social inglés, un dos máis coñecidos da literatura universal. Creou algúns dos personaxes de ficción máis coñecidos do mundo, e, é considerado por moitos como o mellor novelista e o principal da era vitoriana.
Foi mestre do xénero narrativo, ao que imprimiu certas doses de humor e ironía, practicando á vez unha aguda crítica social. Na súa obra destacan as descricións de xente e lugares, tanto reais como imaxinarios. Utilizou en ocasións o pseudónimo Boz.
e descubre todas as novidades do libro en galego