O Lúa é unha especie de retábulo no que se poden contemplar os personaxes típicos de calquera barrio dunha cidade. Entre eles destaca Dona Estrela, a dona do café, unha muller viúva que leva con enteireza a súa vida e o seu traballo, e Beatriz, unha profesora que reflexiona nas aulas sobre a súa
Alice Vieira (Lisboa, 1943) é unha famosa escritora e xornalista portuguesa.
Alice Vieira naceu na capital de Portugal en 1943. É licenciada en filoloxía alemá pola Universidade de Lisboa , pero dedicouse ao xornalismo desde moi nova, dirixindo os suplementos Juvenil e Catraio do Diário de Notícias .
Traballou en varios programas de televisión para nenos e está considerada unha das autoras portuguesas máis importantes de literatura infantil e xuvenil . Colabora activamente na revista Audácia, publicada polos Misioneiros Combonianos , e no xornal en liña "Jornal de Mafra".
As súas obras foron traducidas a varias linguas: alemán , búlgaro , éuscaro , español , galego , francés , húngaro , neerlandés e ruso . Estivo casada co escritor e xornalista Mário Castrim .
e descubre todas as novidades do libro en galego