Esta é a historia dunha nena que ten que soportar as maldades da súa amiga Otilia, empeñada en dicirlle que o tío Antonio que vive na casa de Paulina non é o seu tío, senón o seu padrasto. Pero Paulina ten un piano. E o piano non só lle serve para tocar. Fala con el, cóntalle as súas mágoas, rin
Alice Vieira (Lisboa, 1943) é unha famosa escritora e xornalista portuguesa.
Alice Vieira naceu na capital de Portugal en 1943. É licenciada en filoloxía alemá pola Universidade de Lisboa , pero dedicouse ao xornalismo desde moi nova, dirixindo os suplementos Juvenil e Catraio do Diário de Notícias .
Traballou en varios programas de televisión para nenos e está considerada unha das autoras portuguesas máis importantes de literatura infantil e xuvenil . Colabora activamente na revista Audácia, publicada polos Misioneiros Combonianos , e no xornal en liña "Jornal de Mafra".
As súas obras foron traducidas a varias linguas: alemán , búlgaro , éuscaro , español , galego , francés , húngaro , neerlandés e ruso . Estivo casada co escritor e xornalista Mário Castrim .
e descubre todas as novidades do libro en galego