Chano quere ser actor completo e non ten claro como selo. Faise preguntas e busca respostas diante dos seus amigos polo barrio adiante. Xuntos debuxan aventuras xigantes e ananas, gustan das carreiras e das ringleiras e abren os ollos por ver. Os días transcorren novidosos; algúns tristes, outros
David Otero Fernández, nado en Santiago de Compostela o 27 de decembro de 1946, é un escritor galego.
Vive na Estrada, membro fundador do PEN Clube de Galicia, da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, da Fundación Castelao e da A. C. O Brado, tamén participa na Fundación Alexandre Bóveda, do Pedrón de Ouro, do Padroado San Martiño, do Colectivo Cultural Estradense, da Asociación dos Amigos dos Pendellos de Agolada, de Nova Escola Galega, da Asociación de Escritores en Lingua Galega e de Irimia. Colaborou na autoría de libros de texto en galego nas editoriais Xerais e Galaxia.
Foi codirector da colección Árbore de literatura infantil desta última editorial. Colabora tamén con artigos en diversos medios de comunicación. E agora exerce de mestre de ciencias naturais no IES nº 1 da Estrada.
e descubre todas as novidades do libro en galego