A vida de Eladio Rodríguez González presenta de xeito claro, ameno e completo a biografía do intelectual homenaxeado co Día das Letras Galegas do ano 2001. Abórdase neste libro dende a súa infancia nas terras do Ribeiro, onde naceu no ano 1864, ata a súa morte na Coruña en 1949. Trázase o seu
David Otero Fernández, nado en Santiago de Compostela o 27 de decembro de 1946, é un escritor galego.
Vive na Estrada, membro fundador do PEN Clube de Galicia, da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, da Fundación Castelao e da A. C. O Brado, tamén participa na Fundación Alexandre Bóveda, do Pedrón de Ouro, do Padroado San Martiño, do Colectivo Cultural Estradense, da Asociación dos Amigos dos Pendellos de Agolada, de Nova Escola Galega, da Asociación de Escritores en Lingua Galega e de Irimia. Colaborou na autoría de libros de texto en galego nas editoriais Xerais e Galaxia.
Foi codirector da colección Árbore de literatura infantil desta última editorial. Colabora tamén con artigos en diversos medios de comunicación. E agora exerce de mestre de ciencias naturais no IES nº 1 da Estrada.
e descubre todas as novidades do libro en galego