1. INICIO
  2. Libros
  3. FÁBRICA ÍNTIMA
FÁBRICA ÍNTIMA

FÁBRICA ÍNTIMA

Gonzalo Navaza
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Este libro gañou en 1989 o premio Eusebio Lorenzo Baleirón, convocado polo concello de Dodro. Hai nestes poemas a delicada confesión íntima dos desacougos persoais, pero tamén a ironía intelixente que os disolve nun elegante distanciamento, así como o culto á tradición literaria ou á reflexión

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4715-4816-0
EAN
9788471548160
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Gonzalo Navaza

Ver autor

Gonzalo Ramón Navaza Blanco, nado en Lalín o 28 de febreiro de 1957, é un escritor galego, tradutor, estudoso da toponimia, actor de teatro e profesor titular de literatura na Universidade de Vigo. Actualmente vive en Peitieiros (Gondomar).

É o menor de once irmáns, entre eles Xavier e Luís. En 1983 tivo que facer o servizo militar, tendo como destinos Figueres e Berga, en Cataluña.

Como escritor ten cultivado diversos xéneros. Dirixiu a elaboración dos dicionarios de galego de Edicións Xerais de Galicia no ano 1988, chegando a crear o máis vendido da historia do galego, O pequeno Xerais.

O seu labor de investigador da toponimia callou na publicación de Fitotoponimia galega, un voluminoso volume editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza onde analiza os topónimos do sueste galego procedentes de nomes de plantas. Neste campo de traballo tamén desenvolve a súa actividade na Asociación Galega de Onomástica (AGOn), onde xa colaborou na organización de dous congresos internacionais) e na Comisión de Toponimia, encargada oficialmente pola Xunta de Galicia de fixar as formas escritas dos topónimos de Galicia. Como docente, impartiu cursos de galego para emigrantes en Basilea e de lingua e literatura galegas en Salvador na Universidade Federal da Bahia (Brasil), e na actualidade é profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

En 1997 tivo un grave accidente de tráfico que o fixo estar un mes en coma e, posteriormente, sete meses hospitalizado en cama. Co trauma do accidente aínda fresco na retina e na mente, Gonzalo Navaza recibiu numerosos premios.

No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente. En 2021 foi escollido académico de número da RAG, ingresando o 5 de novembro de 2022 coa lectura do discurso Nomes de persoa na toponimia de Lalín, respondido por Antón Santamarina.

Forma parte do grupo de traballo que desenvolve o Paradigma da Continuidade Paleolítica para as orixes das linguas indoeuropeas.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Gonzalo Navaza

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego