Unha cidade escura e confusa. Un tempo de cambios, voltas e reviravoltas. Daniel Linde vai intentar que se faga a luz e se clarexe o revoltallo, sen pensar que as consecuencias da súa acción poidan ser diferentes ás esperadas.
Ramiro Fonte Crespo, nado en Pontedeume o 7 de setembro de 1957 e finado en Barcelona o 11 de outubro de 2008, foi un escritor galego.
Licenciado en Filosofía e Letras e profesor de Lingua e Literatura Galegas, foi poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega. Foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo (1977) e participou na fundación da revista Dorna en 1981.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Nos últimos anos da súa vida foi director do centro do Instituto Cervantes en Lisboa.
e descubre todas as novidades do libro en galego