Con "Os ollos da ponte", segunda entrega da futura triloxía "Vidas de infancia", Ramiro Fonte volve reconstruír meticulosamente un espazo físico e moral, a vila de Pontedeume nos últimos sesenta, desenvolvendo cumpridos panoramas sociais, ao estilo das novelas do XIX. A diferenza do primeiro volume,
Ramiro Fonte Crespo, nado en Pontedeume o 7 de setembro de 1957 e finado en Barcelona o 11 de outubro de 2008, foi un escritor galego.
Licenciado en Filosofía e Letras e profesor de Lingua e Literatura Galegas, foi poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega. Foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo (1977) e participou na fundación da revista Dorna en 1981.
Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Nos últimos anos da súa vida foi director do centro do Instituto Cervantes en Lisboa.
e descubre todas as novidades do libro en galego