Antón Martínez-Risco Fernández, máis coñecido como Antón Risco, nado en Allariz o 30 de maio de 1926 e finado en Vigo o 7 de febreiro de 1998, foi un escritor galego, fillo de Vicente Risco.
Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, exerceu a docencia na Universidade de Tolosa, onde estivo en contacto con republicanos e exiliados do franquismo. Logo dunha estancia en Oregón, en 1964 asentouse no Quebec, acadando a praza de catedrático de lingua castelá e portuguesa na Universidade de Laval. Trala súa xubilación regresou a Galiza, onde morreu por mor dun cancro.
É autor de numerosos traballos de teoría e crítica literaria, sendo especialista na obra de Valle-Inclán. Tamén é coñecido pola súa obra de ficción en galego.
Na súa honra, creouse en 2015 o Premio Antón Risco de literatura fantástica.
e descubre todas as novidades do libro en galego