Son as aves amantes da auga. 156 especies de aves mariñas e acuáticas de Galicia e o norte de Portugal descritas polo miúdo: plumaxes, dimorfismo sexual, lugares de nidificación e mesmo a forma e feitío dos niños, os ovos de cada postura, a súa cor, a permanencia dos polos no niño, a duración da
Estanislao de Kostka Fabricio Fernández de la Cigoña Núñez, nado o 31 de xullo de 1941 en Vigo, é un investigador, escritor e ecoloxista galego, en lingua galega e castelá.
Estudou na Escola Superior da Mariña Civil da Coruña, licenciouse en 1968 na Facultade de Náutica de Barcelona e é diplomado en mercadotecnia.
Dirixiu varias entidades científicas, culturais e sociais. Foi presidente da Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE), do Instituto Galego de Estudios Mariños (IGEM), da Universidad Miñota (UMATI) e de Amigos de los Animales (AAA).
Foi recoñecido coa Medalla de Bronce de Galicia no ano 2005.
e descubre todas as novidades do libro en galego