Luís Seoane (1910-1979) é unha das figuras máis brillantes e de máis alta creatividade de Galicia deste século: pintor, debuxante, narrador, poeta, editor, animador de mil experiencias literarias e artísticas...El é, tamén, un dos representantes máis significativos da poesía galega da postguerra a
Luís Seoane López, nado en Buenos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, ilustrador, gravador, ceramista e pintor galego. Colaborou en Resol, Claridad e El Pueblo Gallego.
Militante do Partido Galeguista durante a II República Española, na Guerra civil fuxiu a Buenos Aires. O seu estilo pictórico evolucionou cara ó debuxo esquemático sobre planos de cor. Con Isaac Díaz Pardo recuperou a antiga fábrica de Sargadelos, fundou o Laboratorio de Formas e o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. Durante o exilio apoiou a escritores e artistas galegos e promoveu diversas iniciativas editoriais. A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 1994 e a Real Academia Galega de Belas Artes o Día das Artes Galegas do ano 2019.
e descubre todas as novidades do libro en galego