Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
``O primeiro escritor que coñecín e tratei foi a Luís Pimentel. Tivemos moita intimidade. Era moi cariñoso, moi firme nas súas ideas, que defendía sen erguer a voz, moi elegante no vestir, e tamén moi aprensivo coas enfermidades. Pasou a vida queixándose do estómago e do corazón (...)┤┤.``Fixen o
``O primeiro escritor que coñecín e tratei foi a Luís Pimentel. Tivemos moita intimidade. Era moi cariñoso, moi firme nas súas ideas, que defendía sen erguer a voz, moi elegante no vestir, e tamén moi aprensivo coas enfermidades. Pasou a vida queixándose do estómago e do corazón (...)┤┤.``Fixen o campamento militar en Parga. Alí atopei con Novoneyra. Era o escribente do brigada de cociña e levábame a comer con el. Nas horas libres iamos ler D┤o Ermo de Noriega onda unha pena, envoltos en capotes (...)┤┤.``Pola tarde citábamonos na tertulia do café Español. Alí estaba Borobó, que daquela dirixía La Noche, e tamén García Sabell, Fermín Bouza-Brey, Francisco Río Barxa, Maside, Benito Varela Jácome, Ramón Lugrís, Floro Morán, que era dono do Hotel España e cuñado de Fernández Albor, Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro...(...)┤┤.``O non callar o proxecto do Consello da Mocedade abríronse dúas opcións. A cabeza da U.P.G. era Ferrín. A do P.S.G., Beiras...(...)┤┤.``Se a nosa cultura non se explica dende a realidade socio-política do país, non se entende absolutamente nada┤┤.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro