O Rexurdimento, a nosa æ'renacencia'' do século XIX, foi bastante máis ca un movemento literario, ainda que nas letras dese os seus máis logrados froitos: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez...Foi un estado de opinión, un estado de conciencia que se manifestou en diversas ramas do
María do Carme Hermida Gulías, nada na Portela de Lamas (Pardesoa, Forcarei) o 13 de novembro de 1961, é unha filóloga, escritora e política galega.
Aos nove anos marchou coa familia a Euskadi. Volveu para estudar Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde doutorou coa tese O rexurdir da conciencia idiomática en Galicia (1840-1891) (1991). Dende 1995 é profesora titular de Lingua Galega na USC. Foi bolseira do Instituto da Lingua Galega (1983), onde colaborou no Atlas Lingüístico Galego, Glosario de voces galegas de hoxe e no Diccionario de verbos galegos conxugados.
Participación na elaboración de libros de texto para o ensino e o coñecemento da lingua galega, colaborou no Diccionario normativo galego-castelán (1988), no Diccionario castelán-galego de frases, usos e sinónimos (1990), no Gran diccionario Xerais da lingua (2000) e no Diccionario Xerais da lingua (2002). Tamén colaborou no espazo Faíscas da lingua (1986) da TVG, coordinou a sección "Mellore o seu galego" de O Correo Galego e dirixiu a colección de literatura infantil e xuvenil de Sotelo Blanco. É membro da Fundación Premios da Crítica Galicia, da Fundación Sotelo Blanco e foi membro fundadora do colectivo cultural Redes Escarlata, do que foi presidenta, tamén fundou e coordina a asociación de Mulleres Galegas na Comunicación (Mugacom). Foi concelleira de cultura en Teo.
e descubre todas as novidades do libro en galego