Cristina é a máis pequena dos cinco fillos que ten a familia Moreira. E unha namorada dos animais, e anda empeñada en amestrar un rato da casa. O carácter inquieto da nena vai se-lo fío conductor desta novela, na que se contan diversas aventuras da súa vida cotiá.O primeiro conflicto é na escola.
Úrsula Heinze de Lorenzo, nada en Colonia en 1941, é unha escritora galega de orixe alemá. É autora dunha vasta obra que abrangue a novela, o relato curto, a narrativa infantil e xuvenil e unha destacada produción poética en galego e alemán.
e descubre todas as novidades do libro en galego