En Big-Bang un grupo de astronautas chega ó Terceiro Planeta á procura de varios compañeiros misteriosamente desaparecidos. Entrementres, ten lugar a magna convulsión que produce uns cambios ambientais e ecolóxicos que case conseguen a amputación traumática da vida no planeta. Os protagonistas
Xoán Bernárdez Vilar, nado en Marín o 5 de abril de 1936 e finado en Vigo o 25 de marzo de 2025, foi un escritor, historiador e ensaísta galego.
Nado en Marín en 1936, aos sete anos trasladouse a Vigo, onde fixo o Bacharelato. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. En 1957 converteuse en Auxiliar Administrativo da Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo, despois Caixanova e Abanca. Máis tarde, entre 1990 e 1995, realizou a carreira de Xeografía, Arte e Historia na Universidade de Vigo. O 11 de xullo de 2011 defendeu en Ourense a súa tese de doutoramento, O extraordinario mundo da “Ora Maritima”, sobre a "Ora Maritima de Rufio Festo Avieno". Obtivo a cualificación de sobresaínte.
Colaborou no programa de radio Raíz e Tempo (primeiro programa en galego despois da guerra civil) de La Voz de Vigo (1965-1975), continuou en Radio Ecca, tamén como guionista histórico. Dirixiu dúas revistas, Galicia Social e Latexo.
Foi asesor histórico da serie da TVG Terras de Merlín, e publicou en múltiples revistas como a do Instituto de Estudos Miñoranos, Encrucillada, Agalia etc. Publicou tamén contos. Foi tradutor de galego, castelán, portugués, italiano, francés, inglés e latín.
O 22 de febreiro do ano 2003 foi nomeado Académico Correspondente da Real Academia Galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego