A mestura de elementos como a inocencia e a crueldade, a traxedia e a humorada, o realismo minucioso e a fantasía máis desatada, o lirismo e a brutalidade do absurdo, apoiados sempre nunha rica linguaxe de gran potencia expresiva.
Xesús Manuel Valcárcel López, nado en Romeán (Lugo) en 1955, é un profesor e escritor galego.
Estudou no Seminario de Lugo e no Instituto da mesma cidade, licenciouse en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e accedeu a catedrático de Lingua galega e Literatura de secundaria. Tamén exerceu a docencia nas Universidades de Santiago e Granada e ten desempeñado diferentes actividades na administración educativa galega.
Entrou, co seu irmán Xulio, no colectivo poético Cravo Fondo en 1977. É promotor da teoría filosófica do movemento artístico e literario galego denominado sentimentalismo e a editorial Bubela.
Colaborou no Boletín da Real Academia Galega e no Boletín galego de literatura.
e descubre todas as novidades do libro en galego