Despois de presentar varias obras de poesía, de ensaio e de relatos, Xesús Manuel Valcárcel publicou esta súa primeira novela. En case cincocentas páxinas dedícase ao que tan ben ten demostrado dominar: indagar o fondo descoñecido das persoas, o lado desacougante das cousas, en suma, os segredos
Xesús Manuel Valcárcel López, nado en Romeán (Lugo) en 1955, é un profesor e escritor galego.
Estudou no Seminario de Lugo e no Instituto da mesma cidade, licenciouse en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e accedeu a catedrático de Lingua galega e Literatura de secundaria. Tamén exerceu a docencia nas Universidades de Santiago e Granada e ten desempeñado diferentes actividades na administración educativa galega.
Entrou, co seu irmán Xulio, no colectivo poético Cravo Fondo en 1977. É promotor da teoría filosófica do movemento artístico e literario galego denominado sentimentalismo e a editorial Bubela.
Colaborou no Boletín da Real Academia Galega e no Boletín galego de literatura.
e descubre todas as novidades do libro en galego