Cando o narrador deste libro volve á súa cidade natal, nada é como era pero todo segue igual. O que ía ser unha excursión cunha amiga convértese nunha viaxe ó pasado do que renacen voces e personaxes, lugares e feitos e, sobre todo, un suceso que marcou a vida de todo un grupo de amigos. Intenta
Manuel Veiga Taboada, nado en Monforte de Lemos en 1960, é un xornalista e escritor galego.
Fillo de mestres rurais, viviu até os doce anos entre Diomondi (O Saviñao) e a cidade de Monforte. Fixo o bacharelato en Monforte e aos 17 anos marchou a Madrid, onde residiu entre 1977 e 1983. Licenciouse en Ciencias da Información e en Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense. En 2001 doutorouse en Ciencias Políticas e Socioloxía na UNED, coa tese La construcción social de la realidad regional gallega a través de la prensa. El caso de Faro de Vigo (1898-1923).
En 1983 incorporouse á redacción do semanario A Nosa Terra, que dirixiu entre 2007 e 2010, e desde entón reside en Vigo. Ademais da súa obra narrativa, é autor tamén de varios traballos relacionados coa historia política e coa literatura, publicados en diversas revistas especializadas.
Colaborador habitual de Nós Diario,[4] A Nosa Terra,[5] e o dixital literario Biosbardia.
e descubre todas as novidades do libro en galego