Nesta novela mestúranse voces, xéneros e escenarios (Vigo, Madrid, Monforte, Porto ou San Francisco) até compoñer un fresco de trinta anos de historia, dende 1977, ano das primeiras eleccións democráticas, pintado coa pincelada subxectiva duns personaxes situados sempre entre o realismo atroz e a
Manuel Veiga Taboada, nado en Monforte de Lemos en 1960, é un xornalista e escritor galego.
Fillo de mestres rurais, viviu até os doce anos entre Diomondi (O Saviñao) e a cidade de Monforte. Fixo o bacharelato en Monforte e aos 17 anos marchou a Madrid, onde residiu entre 1977 e 1983. Licenciouse en Ciencias da Información e en Ciencias Políticas e Socioloxía na Universidade Complutense. En 2001 doutorouse en Ciencias Políticas e Socioloxía na UNED, coa tese La construcción social de la realidad regional gallega a través de la prensa. El caso de Faro de Vigo (1898-1923).
En 1983 incorporouse á redacción do semanario A Nosa Terra, que dirixiu entre 2007 e 2010, e desde entón reside en Vigo. Ademais da súa obra narrativa, é autor tamén de varios traballos relacionados coa historia política e coa literatura, publicados en diversas revistas especializadas.
Colaborador habitual de Nós Diario,[4] A Nosa Terra,[5] e o dixital literario Biosbardia.
e descubre todas as novidades do libro en galego