1. INICIO
  2. Libros
  3. O SABRE DO FRANCÉS
O SABRE DO FRANCÉS

O SABRE DO FRANCÉS

Miguel Anxo Fernández
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

A dramática loita dos galegos contra as tropas napoleónicas na Afrancesada de 1809 é o marco elixido polo autor para situar estes once relatos. Con forza e con ritmo, as imaxes encadéanse en secuencias case cinematográficas, ao tempo que narran intensas peripecias.

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2002-07-01
Páxinas
160
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4828-8513-1
EAN
9788482885131
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Miguel Anxo Fernández

Ver autor

Miguel Ángel Fernández Fernández,coñecido publicamente como Miguel Anxo Fernández, nado no Carballiño o 20 de setembro de 1955, é un escritor, ensaísta e investigador cinematográfico galego.

Diplomouse como profesor de EXB en Ourense, e licenciouse en Xeografía e Historia, na rama Historia da Arte, Xeografía e Historia de Galicia, e é doutor en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo. Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Comunicación de Pontevedra, da Universidade de Vigo, até a súa xubilación en 2025.

É autor de numerosas obras de historia do cine galego, vicepresidente da Fundación Carlos Velo, director do Ourense Film Festival entre 2018 e 2024, e director do curso de extensión universitaria CeMAC (Curso de Medios Audiovisuais de Celanova), que desde 2005 promoven a Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo. Foi membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Miguel Anxo Fernández

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego