Recordos de infancia, de mocidade e de madureza, nutridos na inmensidade da sala escura mentres a pantalla nos amosaba secuencias inesquecibles, personaxes memorables, tramas asombrosas... Mudaron os vellos cines, de olores singulares, de carteleiras coloreadas, de programa dobre e sesión continua,
Miguel Ángel Fernández Fernández,coñecido publicamente como Miguel Anxo Fernández, nado no Carballiño o 20 de setembro de 1955, é un escritor, ensaísta e investigador cinematográfico galego.
Diplomouse como profesor de EXB en Ourense, e licenciouse en Xeografía e Historia, na rama Historia da Arte, Xeografía e Historia de Galicia, e é doutor en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo. Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Arte e da Música, Comunicación e Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Comunicación Audiovisual na Facultade de Comunicación de Pontevedra, da Universidade de Vigo, até a súa xubilación en 2025.
É autor de numerosas obras de historia do cine galego, vicepresidente da Fundación Carlos Velo, director do Ourense Film Festival entre 2018 e 2024, e director do curso de extensión universitaria CeMAC (Curso de Medios Audiovisuais de Celanova), que desde 2005 promoven a Fundación Carlos Casares e a Universidade de Vigo. Foi membro da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego