No libro recóllense as recordanzas que Ramón Piñeiro escribiu do seu puño e letra máis a trascrición das cintas nas que foi contando a Carlos Casares a súa vida e as súas intervencións, ás veces decisivas, no campo da cultura e a política galega da segunda metade do século XX. Engádense tamén fotos
Ramón Piñeiro López, nado en Armea de Abaixo (Lama, Láncara) o 31 de maio de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990, foi un filósofo, ensaísta e político galego, un dos principais artífices da reconstrución cultural galega na posguerra.
Piñeiro vía utópica a formación dun partido político galeguista na situación política e social de entón. Se xa fora un partido minoritario cando as circunstancias eran favorables, e nin sequera conseguira manter a unidade interna, ao seu ver, moitas menos posibilidades ía ter baixo a ditadura. Loitar nesta dirección parecíalle un fracaso seguro. Así foi xurdindo a idea da autodisolución do Partido Galeguista e, por outra banda, en 1950, a fundación da Editorial Galaxia.
e descubre todas as novidades do libro en galego