Unha selección dos mellores poemas de Avilés de Taramancos, pertencentes a diferentes obras: As Moradías do vento, A frauta y-o gramelo, Poemas a Fina Barrios. Pequeno canto, Poemas soltos a Maricarme Pereira, Os poemas da ausencia, Nova Crónica de Ulises, Cantos Caucanos, As torres no ar, Ultima
Xosé Antón Avilés Vinagre, coñecido como Avilés de Taramancos, nado en Boa (Noia) o 6 de abril de 1935 e finado na Coruña o 23 de marzo de 1992. Foi un escritor galego e membro destacado da chamada Xeración das Festas Minervais.
Para Ramiro Fonte a súa obra é considerada como "unha das mellores poéticas que podían suceder nunha Galicia necesitada de esperanza dos seus mellores homes" e para Miguel Anxo Fernán-Vello, a súa poesía é "Un dos estádios máis brillantes da história literária contemporánea". En 2003 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. É pai do cineasta Luis Avilés Baquero.
e descubre todas as novidades do libro en galego