Este poemario é un dos cumios creativos do autor, no que a súa lírica amorosa e da saudade resultan máis penetrantes. O libro compóñeno trinta e seis poemas agrupados en tres partes: "Cantos a carón da terra", coa natureza como tema principal, "O cántico das naves" e "A torre secreta", que agrupa
Xosé Antón Avilés Vinagre, coñecido como Avilés de Taramancos, nado en Boa (Noia) o 6 de abril de 1935 e finado na Coruña o 23 de marzo de 1992. Foi un escritor galego e membro destacado da chamada Xeración das Festas Minervais.
Para Ramiro Fonte a súa obra é considerada como "unha das mellores poéticas que podían suceder nunha Galicia necesitada de esperanza dos seus mellores homes" e para Miguel Anxo Fernán-Vello, a súa poesía é "Un dos estádios máis brillantes da história literária contemporánea". En 2003 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. É pai do cineasta Luis Avilés Baquero.
e descubre todas as novidades do libro en galego