Unha novela sobre a cobiza dos homes que se deixan deslumbrar polo fulgor dos diamantes e que se acaban transformando nuns seres alucinados, sen conciencia da súa dignidade humana, encarcerados nun auténtico labirinto vexetal.
Francisco Xavier Alcalá Navarro, máis coñecido como Xavier Alcalá, nado en Miguelturra (Cidade Real) o 19 de agosto de 1947, é un escritor galego.
Viviu en Ferrol dende a infancia, e estudou no Instituto Concepción Arenal desa cidade. Estudou Enxeñaría de Telecomunicación na Escola Técnica Superior de Enxeñaría e Sistemas de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid. Doutorouse en Informática no Departamento de Electrónica e Sistemas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Foi profesor asociado de dita facultade, e impartiu docencia tamén na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade Católica Arxentina e a Escola de Organización Industrial de Madrid.
e descubre todas as novidades do libro en galego