Este é un relato clásico do acontecido nun período extraordinario da vida de Pedro Teixo, un fillo do pobo ambicioso e esforzado que vai ver realizado o seu desexo: converterse en protagonista do despegue industrial da súa vella vila. Nesta novela Xavier Alcalá conta o que puido ter acontecido en
Francisco Xavier Alcalá Navarro, máis coñecido como Xavier Alcalá, nado en Miguelturra (Cidade Real) o 19 de agosto de 1947, é un escritor galego.
Viviu en Ferrol dende a infancia, e estudou no Instituto Concepción Arenal desa cidade. Estudou Enxeñaría de Telecomunicación na Escola Técnica Superior de Enxeñaría e Sistemas de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid. Doutorouse en Informática no Departamento de Electrónica e Sistemas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Foi profesor asociado de dita facultade, e impartiu docencia tamén na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade Católica Arxentina e a Escola de Organización Industrial de Madrid.
e descubre todas as novidades do libro en galego