Este libro está cheo de música. Abreo. Achégao ao oído. Escoita... ¿Que oes? O vento. Na voz do vento todos os seres do mundo contan algún anaco da súa vida. Os animais, as plantas, a lúa, o sol... Todos a falar dalgún segredo que antes non coñeciamos. A voz do vento para as páxinas deste libro e
Xesús Rábade Paredes, nado en Seixas (Cospeito) o 20 de xaneiro de 1949, é un profesor e escritor galego.
Comezou a traballar de carteiro e estivo un tempo en Berna (Suíza) traballando nos anos setenta. Posteriormente dedicouse ao ensino de lingua e literatura en secundaria nos IES Xelmírez e Rosalía de Castro.
Literariamente ten cultivado o ensaio, a narrativa e a poesía. Comezou moi cedo a súa carreira literaria e figura na antoloxía Os novísimos da poesía galega. Traballou en tarefas de normalización lingüística e cultural: formación do profesorado, reforma educativa, elaboración de textos e material escolar, publicación en prensa de numerosos artigos, algúns recollidos en libro, sobre a situación social da lingua. De 1992 a 1995 foi Coordinador Docente de Lingua galega.
Membro do colectivo de renovación poética Cravo Fondo, a súa obra foi antologada e traducida a varias linguas. É membro fundador do PEN Clube de Galicia.
Está casado con Helena Villar Janeiro, sendo os pais da poeta María do Cebreiro Rábade e do músico de jazz Abe Rábade.
Ten usado o pseudónimo de Matalobos.
e descubre todas as novidades do libro en galego