1. INICIO
  2. Libros
  3. ARBORE, UN ADEUS, UNHA (NL)
ARBORE, UN ADEUS, UNHA (NL)

ARBORE, UN ADEUS, UNHA (NL)

Marina Mayoral
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

A voz narradora é a dunha muller que está de regreso na súa vila natal, despois da morte do seu pai. Laura reflexiona sobre a súa vida mentres planta un magnolio. Esta situación dá orixe a unha delicada peza narrativa coa que Marina Mayoral iniciou a súa traxectoria literaria en lingua galega e que

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2002-03-05
Páxinas
92
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4828-8680-0
EAN
9788482886800
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Marina Mayoral

Ver autor

Marina Mayoral Díaz, nada en Mondoñedo o 12 de setembro de 1942, é unha escritora galega en galego e castelán.

Estudou os primeiros cursos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid. Desde os 19 anos vive en Madrid, pero sempre mantendo fortes lazos afectivos e culturais con Galicia. Doutorouse en 1971, con premio extraordinario, cunha tese sobre a poesía de Rosalía de Castro

Foi catedrática de Literatura Española na Universidade Complutense de Madrid. Publicou numerosos traballos de investigación e crítica literaria, entre os que destacan os estudos sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Valle Inclán. Tamén realizou moitas análises de poesía e prosa contemporáneas.

Colabora en La Voz de Galicia desde 1990. Foi codirectora da colección Biblioteca de Escritoras de Editorial Castalia e dirixiu a colección Relatos de Editorial Edhasa e a colección Club de Clásicos de Ediciones SM.

Varias das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, polaco, portugués, catalán e chinés. A acción da maioría das súas novelas desenvólvese en Brétema, un lugar imaxinario de Galicia.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Marina Mayoral

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego