Unha nena moi lista, un mozo belísimo con ás de anxo, unha nai abrumada e abrumante, un pai engaiolador e un tanto viraventos, unha amiga que lle está aprendendo a bicar con lingua, un irmán ateo, unha avoa que fala co marido morto. Un ático fronte ao mar e longas e cálidas noites dun verán no que a
Marina Mayoral Díaz, nada en Mondoñedo o 12 de setembro de 1942, é unha escritora galega en galego e castelán.
Estudou os primeiros cursos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid. Desde os 19 anos vive en Madrid, pero sempre mantendo fortes lazos afectivos e culturais con Galicia. Doutorouse en 1971, con premio extraordinario, cunha tese sobre a poesía de Rosalía de Castro
Foi catedrática de Literatura Española na Universidade Complutense de Madrid. Publicou numerosos traballos de investigación e crítica literaria, entre os que destacan os estudos sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Valle Inclán. Tamén realizou moitas análises de poesía e prosa contemporáneas.
Colabora en La Voz de Galicia desde 1990. Foi codirectora da colección Biblioteca de Escritoras de Editorial Castalia e dirixiu a colección Relatos de Editorial Edhasa e a colección Club de Clásicos de Ediciones SM.
Varias das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, polaco, portugués, catalán e chinés. A acción da maioría das súas novelas desenvólvese en Brétema, un lugar imaxinario de Galicia.
e descubre todas as novidades do libro en galego