Velaquí unha nova aventura protagonizada polo detective Toni Barreiro. Alguén rouba unha valiosa antigüidade na casa dunha parella adiñeirada. Poucos días despois o home e mais a muller aparecen asasiñados. ¿Será esa especie de estraño Grial desaparecido o causante de tanta morte?
Manuel Santiago Fernández Álvarez, máis coñecido polo pseudónimo de Manuel Forcadela, nado en Forcadela (Tomiño) o 25 de xullo de 1958, é un escritor galego.
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa en xullo de 1985, foi Catedrático de Lingua Galega e Literatura de Ensino Medio en excedencia e tamén exerceu como Profesor Titular na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Doutorouse en Filoloxía Galaico-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre a poesía de Eduardo Pondal, dirixida por Xosé Luís Couceiro. Traballou como profesor invitado no Graduate Center da CUNY (City University of New York).
Colaborou habitualmente en revistas e xornais como A Trabe de Ouro, Cumieira das Letras, Tempos Novos, Follas novas: revista de estudos rosalianos, Madrygal: Revista de estudios gallegos, Boletín da Real Academia Galega, Grial, Dorna: expresión poética galega, Festa da palabra silenciada, Boletín galego de literatura, Viceversa: revista galega de traducción.
e descubre todas as novidades do libro en galego